Noticias: BOOKCROSSING
Cultura participa a través dos seus centros de arte no Bookcrossing organizado no Día Internacional do Libro
[19/04/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través dos seus espazos dedicados a arte, participa mañá na xornada de bookcrossing que se organiza a nivel mundial para celebrar o Día Internacional do Libro.Deste xeito o Museo de Belas Artes da Coruña; o museo Etnolóxico de Ribadavia; o Centro Galego de Arte Contemporánea, e o Museo das Peregrinacións dependentes da Xunta de Galicia, xunto con numerosos centros culturais tanto de Galicia como doutras comunidades autónomas e países ata sumar 71 entidades participantes.
Entre todos os espazos liberaranse 5.000 volumes relacionados con diferentes disciplinas, e a intención de que aqueles que os recollan se acheguen a lectura e volvan liberalos noutro punto distinto. Todos os libros estarán acreditados con etiquetas, conterán as instrucións necesarias para facilitarlle ao lector a súa participación na campaña e estarán rexistrados na páxina web www.bookcrossing-spain.com, na que os lectores poderán indicar os lugares onde liberarán cada exemplar.
O obxectivo desta iniciativa é que as bibliotecas dos museos contribúan no fomento da lectura e, máis en concreto, na difusión do coñecemento das distintas disciplinas culturais.
Deste xeito Cultura e Educación, dirixida por Xesús Vázquez, volve dar conta da súa implicación na actividades de fomento da difusión da cultura. Cómpre recordar que a Consellería tamén se suma a celebración do Día Internacional do Libro, o 23 de abril, a través das bibliotecas nodais de Galicia, que celebraran diversas actividades de promoción da lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario